Carmen V. Valiña presentará a súa novela «Illa de sangue» en Laxe

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LAXE

Carmen V. Valiña, recentemente no instituto de Baio
Carmen V. Valiña, recentemente no instituto de Baio

A libraría Risón acollerá o evento, este vindeiro sábado

13 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

17 de xaneiro • Logo de pasar polo instituto Maximino Romero de Lema, onde protagonizou a máis recente sesión do club de lectura, a baiesa Carmen V. Valiña presentará este sábado na libraría Risón de Laxe a súa novela Illa de sangue, coa que gañou o Premio Repsol de Narrativa Breve. 

Á hora de valorala, o xurado recoñeceu o «xogo de espellos» que propuxo a obra , situando a trama na inmediata posguerra, pero traéndoa tamén ao presente, á illa de San Simón.

A presentación do sábado será ás sete da tarde, na libraría laxense, con acceso libre e gratuíto.