A escritora Baia Fernández, en O Risón, Laxe, este sábado 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

LAXE

.

Está na comarca grazas ao programa autonómico Fixar, que se desenvolve no coliving laxense iSlow

16 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Baia Fernández, escritora, youtubeira e adestradora emocional, presentará este sábado na libraría O Risón de Laxe (18.30 horas) o seu libro de poesía intimista O faiado das papoulas. Coincide coa súa estancia na comarca grazas ao programa da Xunta de Galicia Fixar, que se desenvolve no coliving iSlow. «O libro, ilustrado por Paula Pereira (Cavalinho do Demo) e deseñado por Martiño Picallo, fainos reflexionar sobre o lugar que ocupamos as mulleres na sociedade e sobre as pegadas invisibilizadas do machismo. Esta é a cuarta publicación de Baia Fernández e a segunda de poesía, logo de que hai xusto dez anos se estreara no panorama literario con Unha viaxe ruminantes, poemario que incluía o poema Engano, recoñecido pola EOI como un dos mellores dese ano e que obtivo o 2º posto no Certame aRi[t]mar 2016», trasladan.