As pensións

La Voz TRIBUNA ABERTA

LAXE

Os pensionistas de toda España teñen toda a razón do mundo en protestar e reclamar pola suba do 0,25 % proposta polo Goberno para este ano. Pero tamén teño que dicir que o señor Rajoy debería facer unha reestruturación dunha suba gradual. Para beneficiar aos pensionistas aconsellaríalle que tivera en conta as seguintes contías: As persoas que cobren un máximo de 600 euros ao mes, deberían ter 30 euros de suba. De 601 ata 700 euros, 25 euros de aumento. De 701 a 800, 20 euros de subida. De 801 a 900 euros, 15 euros. De 901 a 1.000 euros, 10 euros. E de 1.001 euros en adiante, o 0,25 % proposta existente na actualidade, mentres non se faga a recuperación, que se está levando a cabo polo actual Goberno, que esperemos, a terminen nos próximos anos. Espero que os deputados do PP galego no Congreso fagan chegar esta proposta que fago pública. Creo tamén que para sufragar este aumento do custe das pensións, habería que facelo con cargo á partida dos vindeiros orzamentos do Estado e que entren en funcionamento estes cambios no actual exercicio do 2018, e que o señor Montoro deixe de marear a perdiz ofrecendo bonificacións no IRPF. Antonio Castro Lema. Exalcalde de Laxe.