Este venres 31 de outubro será sumamente intenso en Fisterra: tome nota!
30 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Mañá • Ademais do Samaín no mercado cultural de mans do Concello de Fisterra, con maxia ás 17.00 e festa de disfraces ás 18.15, este tempo tamén trae celebración á fin do mundo da man de Rapacollóns. Case 30 locais comerciais se sumaron ao Truco ou Trato que preparou a entidade para este venres 31 de outubro e que botará a andar ás 19.15: trátase dun percorrido por todos eles ao que chaman a participar a pequenos e grandes: Estanco KM0, Floristería Bolboreta, Lusco Fusco, Lara Shop, Hermanos Lestón, floristería Mariño, Agarimo, O Rincón, Alara, Maruxía, Óptica Ana Val, Cafetería Real, Peluquería Rocío, O Centolo, A Cantina, Mac Dous, O Canario, Batidor, Cabo Sport, Merca China, Fin do Camiño, Mariquito, KM 0 Tenda Mariñeira, Ortopedia Jesús González, Salón de las Flores, peluquería Yolanda, supermercado Covirán e párking autocaravanas. Venres intenso en Fisterra, pois para o remate de todo este trazado aínda ten Rapacollóns cea-baile no Alara (21.30): ollo, hai que terse anotado!