Catorce grupos nos Cantos de Taberna que promoven Rapacollón's en Fisterra

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

Imaxe de arquivo dunha actividade de cantos de taberna en Cee
Imaxe de arquivo dunha actividade de cantos de taberna en Cee RAFA Q

Serán o vindeiro 8 de novembro, por establecementos hosteleiros da localidade

28 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha constelación de entidades tradicionais participarán o vindeiro 8 de novembro nunha xornada de cantos de taberna que promove a asociación Rapacollón's Big Band en Fisterra.

Comezará ás sete da tarde e participarán os locais Alara, O Rincón, A Galería, Arco da Vella, Cafetería Real, Madrid-Berlín, O Centolo, A Cantina, Mariquito, Mac Dous, O Canario, Prestige e Manhattan.

En canto ás agrupacións tradicionais, serán as seguintes: De Tazas (A Estrada), Son dos Michos (Fisterra), Son da Illa (Arousa), Can de Ghaiteiro (Teo), Sib do Solpor (Costa da Morte), Maruxía (Laxe), Queloutros (Añobres), A Tripulasión (Fisterra), Chihomechi (Santiago), @s do Berrón (Fisterra), Peta Forte (Cee), Abelleira (Muros), Nin chica nin patacón (Costa da Morte e Os Sentenarios (Muros).

Os percorridos concretos serán publicados en vindeiras xornadas.