El alcalde de Coristanco: «Acometéronse moitos proxectos sen dilapidar os cartos dos veciños»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

ANA GARCIA

TRES AÑOS DE MANDATO | Los cinco grupos de la oposición hacen su balance

15 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Juan Carlos García Pose é alcalde de Coristanco dende maio de 2019 e fai balance destes tres anos de mandato ao fronte dun goberno do PP en minoría.

—Cales son as súas sensacións?

—Son positivas. O primeiro obxectivo acadouse xa no 2019.

—Cal foi?

—A estabilidade institucional, normalizar a vida política en Coristanco.

—E a nivel de proxectos?

—Melloramos e actualizamos servizos municipais como o de recadación, o do contrato de subministro eléctrico... Reactivamos o departamento de Urbanismo coa contratación dun técnico municipal. Estamos ó día en licencias. Un exemplo, unha boa parte dos permisos outórganse na mesma semana que se solicitan. Agora queda sacar a praza a concurso porque coa nova reforma laboral ao tratarse dunha praza licitada posterior ao 2016 hai que sacala a concurso. Este venres sacaremos tamén a licitación o servizo de axuda no fogar. Outros dos feitos importantes é que pagamos aos provedores en menos de dez días cando antes non baixaba dos 700.

—Sempre dixo que as súas prioridade eran o saneamento e o abastecemento.

—Recuperamos o compromiso das outras Administracións. Na reforma do Xosé Pichel foron máis de 750.000 euros, na mellora na ETAP foron outros 750.000, para o plan de sendas, outros 700.000... Tamén apostamos por poñer en valor A Rocheira, o entorno de Verdes, os montes comunais de Seavia, activouse o plan de sendas, melloramos o saneamento e a traída e no que resta de mandato contratarmos obras por importe de tres millóns de euros... E todo isto sen dilapidar os cartos dos veciños. O remanente acumulado é de 5,7 millóns e o líquido bancario rolda os 6,4 millóns de euros.

—Pero falta o polígono industrial.

—A redacción do proxecto sairá a concurso en breve por 89.000 euros e terá que estar listo nun prazo de nove meses.

—Empezarán as obras antes de que remate o mandato?

—Despois de máis de vinte anos de espera o proxecto é toda unha realidade. Non é doado sacar adiante un polígono, pero estanse a dar os prazos para que así sexa. Esa é unha realidade. A Xunta e este goberno de Coristanco apostan porque os empresarios teñan un sitio onde emprender e onde ampliar as súas actividades.

—Na oposición din que O PP tivo o apoio de Abraham Gerpe e de José Manuel Pérez Abelenda (PSOE) para sacar adiante os temas craves deste mandato.

—Sempre apostei por falar con todos os concelleiros e dende o minuto un propuxen a todos os compañeiros que aportaran as súas ideas e proxectos. Uns fixeron unha oposición construtiva, como PSOE, BNG ou Contigo Coristanco, e outros apostaron polo non sistemático, sen propoñer alternativas e novas propostas.

EN POSITIVO | El Concello de Coristanco recuperó la estabilidad institucional tras unos años convulsos marcados por los líos judiciales y las continuas crispaciones políticas. La deuda municipal parece que ha pasado a mejor vida y empiezan a vislumbrase proyectos que de verdad interesan a los vecinos.

EN NEGATIVO | Pese a las buenas palabras e intenciones todo indica que este mandato echará finalmente el cierre sin que Coristanco tenga el ansiado polígono industrial. Los complicados trámites burocráticos persisten y todo indica que habrá que esperar al próximo mandato para ver por fin a las palas trabajando a pleno rendimiento en A Miñata.

«Ningún dos tres POS é do PP e todo o que fan agora foi co sacrificio feito por Terra Galega»

Amancio Lavandeira Suárez es portavoz de Terra Galega y ejerció de alcalde de Coristanco entre junio de 2015 y agosto de 2017 cuando una moción de censura lo apartó del cargo. Su valoración de estos tres años de mandato del PP al frente del consistorio no pueden ser más negativos: «Están en minoría e dos tres POS que saíron adiante, ningún é do PP. O de 2021 presentouno a oposición e o deste ano é integramente do Partido Socialista». Y añadió: «Aínda que o PP ten cinco de trece concelleiros esa suposta minoría é técnica porque Juan García contou sempre co apoio de Abraham Gerpe [Contigo Somos Coristanco] e o PSOE, que lle facilitaron a gobernabilidade ao Partido Popular».

Lavandeira echó una lanza a favor de su gestión al frente del consistorio entre junio de 2015 y agosto de 2017: «Cando chegamos herdamos unha débeda de 3,3 millóns de euros e un duro plan de axuste. Tivemos que facer moitos esforzos para cadrar as contas e cando saímos do goberno había catro millóns de euros nos bancos. Ese sacrificio feito por Terra Galega serviu para que agora saian adiante gran parte dos proxectos».

Sobre su supuesta alianza encubierta con Antonio Pensado para tirar por tierra el trabajo del PP, Amancio Lavandeira lo niega de forma taxativa: «Sempre o dixen, e insisto: xamais negociarei nada con persoas que no seu momento apoiaron e firmaron a moción de censura para botar a Terra Galega da alcaldía».

«O BNG aposta pola crítica sensata»

José Antonio Andrade, edil del BNG: «Ata os máis críticos recoñecen, polo menos no seu foro interno, que se o PP e o seu alcalde conseguen «salvar os mobles» en boa parte a tres factores: unha oposición fragmentada e ideoloxicamente moi heteroxénea, a decidida aposta de investimentos no Concello por parte da Deputación, e a unha actitude construtiva e tolerante do BNG, que preferiu trocar fotos e titulares chamativos por unha crítica sensata e a estabilidade institucional».

«Hai cousas que se puideron facer mellor»

El todavía portavoz y líder de la Agrupación Local de Veciños de Coristanco, Antonio Pensado Plágaro, se mostró conciliador con el equipo de gobierno a la hora de valorar estos tres años de mandato municipal: «Cada un actúa e dirixe como pode. Dende o meu punto de vista, e pensando no benestar dos veciños, creo que hai cousas que se puideron facer mellor. Persoalmente non coincido con moitas das formas de actuar do alcalde e seu goberno, pero tampouco teño nada en contra deles a nivel persoal».

«Este é o mandato do Partido Socialista»

Pese a estar en la oposición, el portavoz del PSOE, José Manuel Pérez, sacó pecho de su actividad política: «Pódese dicir que este é o mandato do Partido Socialista. Moitas das súas propostas saíron adiante, como o POS deste ano, ou as melloras viarias en Oca e Xaviña por non falar das melloras na ETAP de Coristanco. Creo que o PP fixo actuacións de cara á galería e foi a remolque en moitos casos da oposición, sobre todo do PSOE. E aínda así hai temas importantes pendentes, como a licitación do SAF».

«Moitos dos proxectos son da miña etapa»

Abraham Gerpe, portavoz de Contigo Somos Coristanco, anunció que en 2023 abandonará la política. Mientras explicó que el balance de estos tres años de mandato ha sido «positivo». Y añadió: «Moitos dos proxectos que agora se levan a cabo deixeinos eu perfilados cando estaba na alcaldía». Y sobre su supuesto papel de bisagra a favor del PP, Gerpe indicó que votó a favor en temas que planteó el PP «e tamén dalgúns que presentou TeGa», eso sí, «sempre baixo criterios de obxectividade e de senso común».