«Deixei de xogar ao fútbol porque me gustou moito máis o ciclismo»

CORISTANCO

O coristanqués Rubén Durán leva ano e medio competido co Club Ciclista Carballo.
O coristanqués Rubén Durán leva ano e medio competido co Club Ciclista Carballo. josé manuel casal< / span>

O coristanqués disputa o fin de semana o campionato nacional infantil

11 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

RUBEN DURÁN FRAIZ galardoado corredor do CLUB CICLISTA CARBALLO

Rubén Durán Fraiz (Coristanco, 2001) viaxou a Lorca (Murcia) para disputar esta fin de semana o campionato nacional de ciclismo en categoría infantil. O deportista de Club Ciclista Carballo, que é seguidor de Alberto Contador e do eslovaco Peter Sagan, está ilusionado con afrontar a súa primeira competición fóra de Galicia.

-Vaia cambio, do fútbol ao ciclismo

-Deixei de xogar ao fútbol porque me gustou moito máis o ciclismo. Comecei a xogar no Coristanco alevín e tamén estiven de infantil. No segundo ano fichei polo Bergantiños.

-¿E como foi o de inclinarse pola bicicleta?

-Un día, os membros de Club Ciclista Carballo deron unha charla no colexio Xosé Pichel e desde ese momento decidinme polo ciclismo.

-¿Notou moito o cambio?

-O ciclismo é, sen a menor dúbida, moito máis duro que o fútbol. Eu xogaba de central e agora todo se fai moi difícil, pero gústame moito. No ano e medio que levo no club estou moi contento de como me están a saír as cousas.

-Este ano está saíndo redondo.

-Non me podo queixar. Nas nove carreiras sempre subín ao podio. E en Santiago e Teis fun segundo, e na última por moi pouco non gañei. E agora formo parte da selección galega que disputa o campionato nacional.

-Facía dous anos que o Club Ciclista Carballo non aportaba un deportista á selección.

-Non o sabía. Pero vai ser moi distinto de como competín hasta o momento. No pelotón haberá más de 60 ciclistas. O primeiro que intentarei é acabar. Se o consigo, a outra meta é estar entre os vinte primeiros.

-¿Como se definiría como ciclista?

-Dáseme ben subir, pero creo que son bastante completo, posto que me defendo ben en liña. Síntome cómodo na bici.

-¿Que ciclistas lle gustan?

-O eslovaco Peter Sagan ou Alberto Contador. Os dous son do equipo Tinkoff-Saxo. Gústanme pola forma de que teñen de afrontar as carreiras.

-¿Que estuda?

-Primeiro da ESO en Fonteboa, pero o que realmente me gusta é o ciclismo aínda que é un deporte moi sacrificado. Tanto polos adestramentos como pola competición ou levar unha alimentación moi dura, pero contento.