Case unha cuarta parte da poboación censada está aboada a algunha das actividades que propón o Concello
05 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Case unha cuarta parte da poboación censada, en concreto, 1.187 persoas, están aboadas a algunha das actividades que propón o Concello de Cerceda para facer deporte, achegarse á cultura ou envellecer de maneira activa. Son as cifras facilitadas polo goberno municipal, que celebra «un novo fito na participación veciñal».
O executivo destaca a «diversidade de propostas», así como a oferta de horarios, para atraer a públicos de «todas as idades». «O éxito reafirma o compromiso municipal por seguir mellorando a oferta para que Cerceda continúe sendo un referente», engade.