Mostra en Cerceda sobre o cantigueiro popular

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CERCEDA

Rosa e Adolfina Casás Rama, sobriña e tía, eran da Vila da Igrexa, Cerceda
Rosa e Adolfina Casás Rama, sobriña e tía, eran da Vila da Igrexa, Cerceda DOROTHÉ SCHUBARTH / APOI / MUSEO DO POBO GALEGO

Pode visitarse na sala Xosé Neira Vilas da biblioteca ata o vindeiro 10 de decembro

02 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A sala Xosé Neiras Vilas da biblioteca de Cerceda acolle ata o día 10 a exposición «Cantemos todos a unha: o cantigueiro popular galega», unha mostra cedida pola Consellería de Cultura. Forma parte da programación institucional polas Letras Galegas, unha homenaxe á poesía popular oral, ás cantareiras, entre elas as cercedenses Rosa e Adolfina Casás, da Vila da Igrexa. Visitas de luns a venres (15.00-20.00) e o sábado (10.00-12.00).