«O xeito máis doado de gañar un partido e xogar mellor co rival»

r. r. / á. p. carballo / la voz< / span>

CERCEDA

O xogador vimiancés estreou a súa conta na Terceira cun gol que valeu tres puntos

26 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Alberto Vía Rápida Álvarez (Vimianzo, 1990) non puido ter mellor debut como titular co Cerceda na Terceira División. O seu primeiro gol na competición permitiulle ao seu equipo vencer ao Compostela.

-Un gol importante.

-Si. Foi importante porque viñamos dun pequeno bache, a derrota nas Pontes, e dun inicio irregular de tempada. Dá confianza superar a un grande.

-Pero que tampouco está no seu mellor momento.

-Parecía que eles estaban moito mellor porque viñan dun resultado moi positivo, de meterlle oito goles ao Alondras, e nós de pinchar, pero tiñan cos mesmos puntos. Nós empezamos ben o partido e acabámolo aínda mellor.

-¿Como foi o encontro?

-Ao principio houbo ocasións para ambos equipos e iso provocou un pouco de medo polas dúas partes e que se pensase máis en defender que en facer ocasións. Na segunda parte eles empezaron a meter balóns moi largos e nós fomos os únicos que intentamos de verdade chegar á portería contraria.

-O técnico reclamaba nos días previos unha mellora do xogo.

-Nós sempre queremos ter o balón e xogar ben porque o xeito máis doado de gañar un partido é xogar mellor que o rival. Pero a maioría somos novas fixaches e o de xogar ben costa, non se fai dun día para outro nin nunha pretempada. A ver se agora empezamos a coller mellor os conceptos de xogo que temos.

-A próxima semana toca un rival a priori doado, o colista,

-Si, pero neste partido vai influír moito o campo, que cambia calquera patrón de xogo. Aí só se pode facer xogo directo e moi físico, por iso eles pódenlle gañar a calquera equipo.

alberto álvarez «vía rápida»

dianteiro do cerceda