«Eu, monstro», de Guadalupe Vázquez Formoso, chega a Brens

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Guadalupe Vázquez, coa súa novela «Eu, monstro»
Guadalupe Vázquez, coa súa novela «Eu, monstro» .

Será este vindeiro sábado 7 de marzo, ás 17.30 horas, na axencia de lectura do núcleo ceense 

03 mar 2026 . Actualizado a las 18:21 h.

Sábado • A escritora e docente Guadalupe Vázquez Formoso prepárase xa para a que será a primeira presentación da súa nova novela xuvenil Eu, monstro (Editorial Toxosoutos). Será este sábado 7 de marzo, ás 17.30 horas, na axencia de lectura de Brens (Cee), un acto organizado pola SDC Brens. Falarase do tema que sostén a obra, a transfobia, pero tamén de mulleres, sendo como é véspera do 8 de marzo. Acceso libre.