Febreiro, triplo motivo feliz para María Canosa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

María Canosa, escritora
María Canosa, escritora Ana García

O Abaladoiro | Novo libro, unha décima edición e o nomeamento de escritora do mes pola AELG

04 feb 2026 . Actualizado a las 19:49 h.

Seguramente haxa máis motivos aínda, pero cando menos na súa faceta literaria, tres asuntos trouxeron felicidade este mes de febreiro para a escritora ceense María Canosa (1978). Van apenas catro días, pero intensos. María é a escritora do mes de febreiro para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Na web da entidade pódese coñecer un pouco máis desta autora que tamén é Enxeñeira de Camiños —e articulista de La Voz dende o 2006—, contado ademais en primeira persoa.

.

Febreiro é ademais o mes no que comezará a voar a súa nova obra, Dipnoi (Xerais). Para público xuvenil e de aí en adiante, reza a sinopse que esta de Sabela, Manu, Claudia, Fabio e Lois é unha historia «sobre o que se cala, o medo á tenrura e ao diferente, sobre o valor de ser un mesmo e das palabras que nos salvan, ou nos poden salvar». Tamén a Rede anda polo medio, ese territorio virtual paralelo no que ás vece é máis doado «abrir a alma».

E o terceiro motivo feliz? A décima edición do seu libro A cazadora de estrelas —con ilustracións de Dani Padrón—, obra por dous anos finalista do Premio Merlín.