«Non é paz: segue a ser un xenocidio»: hoxe, movilización ás 20.00 en Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Movilización por Palestina en Cee, en imaxe de arquivo
Movilización por Palestina en Cee, en imaxe de arquivo

O Colectivo de Apoio ao Pobo Palestino (Coap) Costa da Morte promove unha nova concentración contra o xenocidio en Palestina

21 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Colectivo de Apoio ao Pobo Palestino (Coap) Costa da Morte promove para esta tarde en Cee unha nova mobilización. Está prevista para as 20.00, na Praza 8 de marzo, baixo o lema: «Non é paz, segue a ser un xenocidio». Convocaron con urxencia ante o anuncio de EE.UU da creación dunha «xunta para Gaza»: «Contra a ocupación, contra o xenocidio (...) Polo dereito do pobo palestino a existir e a decidir».