Entidades e aulas, de novo no 25N do Concello de Cee

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

CESAR QUIAN

A programación concentrarase entre os días 21 e 25, co lema «Cada paso, liberdade»

19 nov 2025 . Actualizado a las 19:25 h.

Mañá e martes • Vén de facer pública o Concello de Cee a súa programación en torno ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, propostas que se suman a un mes de novembro xa moi intenso e que levan por lema Cada paso, liberdade.

Pequenos das escolas unitarias de Brens e A Pereiriña terán mañá, venres, un contacontos teatralizado, mesma xornada na que usuarias e usuarios de APEM estarán pintando zapatos de cor vermella na Praza 8M, a partir das 11.30, para logo colocarse na praza o propio 25N, como representación das mulleres asasinadas. Pode sumarse quen o desexe.

Xa o día 25, martes, está programada para as 12.00 horas na praza 8MM a lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero, coa participación de Apem, Aspadex, colexio Manuela Rial, IES Fernando e IES Agra de Raíces.