Volven as visitas guiadas ao museo Fernando Blanco este verán 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

Darío Areas, técnico do Museo Fernando Blanco de Cee
Darío Areas, técnico do Museo Fernando Blanco de Cee Ana Garcia

En Cee tamén será posible visitar o xardín botánico ou dependencias interiores do instituto 

09 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Xullo e agosto • De novo baixo o título Fernando Blanco de Lema: o home que foi quen de ollar máis aló, volverán este verán as visitas guiadas ao Museo Fernando Blanco de Cee, ao xardín botánico e ás dependencias interiores do instituto que tamén leva o nome do filántropo ceense. Previstas para o venres 18 de xullo e para os venres 1, 8, 22 e 29 de agosto, comezarán todos os percorridos ás 10.30 horas, precisamente no museo, e terán unha duración de 120 minutos. Faranse grupos de entre 10 e 25 persoas, sendo necesaria a inscrición previa no 981 747 221 ou ben no correo fundacioncee@hotmail.com. «Unha viaxe no tempo que abarca dende 1796, data de nacemento de Fernando Blanco, ata a actualidade», presentan. Dentro do instituto pasarase pola capela, os despachos, laboratorios, biblioteca ou tamén a torre do reloxo.