Tres propostas para acabar de festexar as Letras Galegas en Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

ANA GARCIA

Hoxe inaugurarase na Casa da Cultura unha exposición da acuarelista Tracy Cheung, de Hong Kong

24 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Cunha exposición de acuarelas, unha presentación literaria e un concerto rematará o Concello de Cee o seu programa en torno ás Letras Galegas.

A mostra, con pezas de Tracy Cheung, será inaugurada esta mañá (11.00) e poderá visitarse na Casa da Cultura ata o vindeiro día 29. Tras ter exposto en varios países, a acuarelista, natural de Hong Kong, residiu durante unha tempada en Cee e agora despídese da vila cunha escolma dalgunhas das súas obras.

Por outra banda, o sábado (19.30) presentarase a obra El legado del torpedero Habana, de Vicente Jesús Bernal, e a Banda de Música dará un concerto na Praza da Constitución (20.30).