Cee completa o programa de actividades normalizadoras

cee / la voz

CEE

03 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cee completa hoxe o seu intenso programa de actividades de normalización lingüística desta semana, cunha acción na Escoliña de Cee denominada A mochila viaxeira e que consiste en que cada neno leve para a súa casa un libro ou un cedé en galego co fin de fomentar a interacción entre país e fillos coa lingua como vehículo.

Ademais, a alcaldesa, Zaira Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Mabel Fernández, serán as encargadas de desenvolver un contacontos.

Por outra banda, onte a empresa Xandobela, contratada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, levou a cabo con alumnos do Fernando Blanco e do Manuela Rial un obradoiro de exposicións baseado na mostra Nimbos de Luz, que estará aberta ata o próximo día 15 no instituto e que versa sobre a vida e a obra de Díaz Castro.