Repasa, en vídeo, a terceira edición dos Premios Galegos da Regueifa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

A batalla final entre Lupe Blanco e Antonio de Xornes, as animadas actuacións da banda Xangai ou a exhibición de tres escolas de improvisación: repasa aquí os mellores momentos da gala!

18 ene 2024 . Actualizado a las 19:20 h.

Trece improvisadores, tres escolas de regueifa, unha orquestra «bravú» e un auditorio ata os topes. Con estas cifras se podería resumir a terceira edición dos Premios Galegos da Regueifa, celebrados o pasado sábado por iniciativa de La Voz de Galicia co patrocinio de Nauterra (antes Grupo Calvo), Xunta de Galicia e Concello de Carballo.

Un apartado de exhibición (non competitivo) por parte de estudantes e as animadas actuacións da banda Xangai foron a antesala dun certame que volveu gañar por terceiro ano consecutivo a regueifeira coristanquesa Lupe Blanco, tras unha axustada final contra Antonio de Xornes. Improvisadores da Coruña, Vigo, Cerdedo, A Pobra do Brollón, Porto do Son e varios puntos de Bergantiños participaron nesta terceira edición, arrincando as gargalladas do numeroso público que o sábado se achegou ata o Pazo da Cultura carballés.

A gala completa pode consultarse no seguinte vídeo:

Antonio Reboiro, Sara Marchena, Kike Estévez, O Rabelo, Hadrián García, Alberto Liñares, Carme Fernández, Daniel Vilas (Chaminho), Óscar García, Yéssica Nantón, Antonio de Xornes, Suso de Xornes e Lupe Blanco foron os participantes da gala deste ano, que estivo presentada polo locutor de Radio Voz Fran Rodríguez e pola xornalista Patricia Blanco. Manolo Maseda, membro do xurado, docente e activista pola improvisación oral, recibiu o recoñecemento de Valedor da Regueifa.