Xa hai gañadores, tamén, no concurso de Fachadas, Balcóns e Xardíns particulares, na súa terceira edición
03 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Postais, panxoliñas, escaparates comerciais e fachadas, balcóns e xardíns particulares. Son os catro concursos que o Concello da Laracha promove polo Nadal. Os dous primeiros xa teñen gañadores dende hai días, e os dos dous últimos veñen de coñecerse. Ao igual que o ano pasado, Agrotusset de Paiosaco mereceu o primeiro posto no Concurso de Escaparates, que acadaba este 2025 nada menos que 30 edicións, con 1.800 euros en premios. Foi o local máis valorado polo xurado, e por iso levará 500 euros, seguido de Floristería Casbo, tamén en Paiosaco (400 euros) e Florería Lilos (A Laracha, 300 euros). No caso do Concurso de Fachadas, Balcóns e Xardíns Particulares, con 1.200 premios en galardóns, a valoración do xurado quedou como segue a continuación: primeiro premio (400 euros) para Laura García Bestilleiro, de A Cerdeira-Montemaior; segundo (300 euros) para María del Carmen Regueira Tuset (A Areosa-Vilaño) e terceiro (200 euros) para Estrella Calviño Rebón (Villamir-Soandres).
Votacións en Facebook
Máis alá da decisión do xurado, a participación cidadá tamén tivo importante papel nos dous certames. Así, na páxina oficial de Facebook do Concello rexistráronse case 3.900 reaccións positivas ás imaxes, conformando outro podio paralelo. Así, segundo estas votacións en redes, o primeiro premio en Escaparates (150 euros) iría para RPBarber (A Laracha); o segundo (100 euros), para Agrotusset de Paiosaco; e o terceiro (50) para Floristería Casbo, igualmente en Paiosaco. No caso das Fachadas, Balcóns e Xardín, segundo as valoracións de Facebook, os gañadores serían María del Carmen Regueira, Manuel Fuentes (Estramil-Torás) e Laura García, con 150, 100 e 50 euros, respectivamente.