Tampouco faltarán os fogos artificiais para as festas patronais de Torás
22 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A comisión de festas de Torás, A Laracha, presentou onte á tarde o gran cartel que teñen preparado «un grupo de amigos», definiu o presidente, Josecho Campos, para os días 14, 15, 16 e 17 de agosto, celebracións patronais. Tres das grandes formacións na verbena galega como son a París de Noia, o grupo Bomba e a orquestra Los Satélites actuarán na capital larachesa o xoves, o sábado e o domingo, respectivamente. Será en horario nocturno nos tres casos, pero haberá máis espectáculos musicais e tampouco faltarán os fogos artificiais o domingo á noite. «Esperámosvos!», traslada a entidade.