A tenda de repostería endulza todo tipo de eventos
11 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Hai varios anos, a Maite Bargo (A Coruña, 1977) ninguén lle diría que ía estar gañándose a vida cun negocio de repostería. Aparelladora de formación, tivo que escoller entre o seu traballo e criar aos seus fillos. Cando intentou reincorporarse, a crise pechoulle as portas. Empurrada pola familia e os amigos, decidiu converter unha afición, a cociña, no seu traballo. Hai tres anos creou Canela e Pimienta, que participa de novo na Feira.
-¿Por que é importante para vostede a Feira?
-É unha maneira de que moita xente vexa os nosos produtos sen ter que entrar adrede no establecemento. É como se fose un escaparate máis grande, máis cercano, e onde pode ter acceso a moitos sectores distintos.
-¿Que produtos ofrece?
-Facemos tanto pastelería tradicional como creacións novas e chamativas. Traballamos sobre todo con eventos, centros de hostelaría e tamén por encarga, a nivel particular.
-¿Cómo está indo Canela y Pimienta?
-Os comezos foron complicados, pero levamos máis dun ano no que vai ben. Este verán fixemos máis de vinte eventos, e varias veces tiven que deixar de admitir encargos porque non daba para máis.
-¿Como convencería á xente para acudir á Feira?
-É mellor mercar no pobo, e axudar á xente de aquí, antes que pecharse nun centro comercial.