Sogama tamén fai da xestión sostible unha forza para a inclusión de colectivos

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CARBALLO

.

Educadores das sociedade impartiron a pasada semana unha sesión formativa na sede de Accem Vigo

09 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Educadores de Sogama impartiron a pasada semana unha sesión formativa na sede de Accem Vigo, organización para o desenvolvemento social cuxo traballo se centra en protexer os dereitos e a dignidade das persoas en situación de vulnerabilidade, acompañándoas no seu camiño cara a unha oportunidade mellor. Os usuarios desta entidade, con diferentes nacionalidades e situacións vitais certamente complexas, tanto persoais como familiares e laborais, amosáronse moi interesados en coñecer o funcionamento de Sogama en toda a súa amplitude, e non só desde a dimensión industrial, senón tamén desde a educativa e a social. De feito, a monitora de Sogama quedou sorprendida polo gran esforzo que os asistentes fixeran para comprender as súas explicacións e mensaxes, xa que moitos deles aínda non dominan o noso idioma con fluidez. Aínda así, a participación foi moi activa.