Xurxo Souto leva o bravú ao Casino de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Pregón de Xurxo Souto na PLIC! de Carballo
Pregón de Xurxo Souto na PLIC! de Carballo ANA GARCÍA

Este sábado presentará no recinto o libro «A novela do bravú», editado por Xerais

03 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O docente, escritor, músico e carismático líder dos Diplomáticos de Monte Alto, Xurxo Souto, pasará este sábado polo Casino de Carballo para presentar o libro A novela do bravú, editado por Xerais. Unha «experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e, co poder do galego, dialogar con vehemencia coa súa propia realidade», reza a sinopse do volume. O acto será ás doce do mediodía, e contará coa presenza do autor e de Víctor Lorenzo, presidente do Casino 1889.