O autor é o soneirán Luis Sánchez Rodríguez, que participará na presentación da iniciativa
26 ene 2026 . Actualizado a las 19:37 h.A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presentará este mércores no Circo de Artesáns coruñés (Rúa Santo Andrés, 36) a base de datos Mulleres, homes e homiños, unha nova páxina de consulta sobre represores e persoas represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura franquista.
O autor é o soneirán Luis Sánchez Rodríguez, mentres que Anxo Sánchez foi o encargado de deseñar a páxina web. Unha plataforma que nace con máis de 18.000 fichas individualizadas nas que se poderán consultar historias persoais, afiliacións políticas, relacións familiares...
Dende a comisión agradecen os anos de traballo desinteresado de Luis Sánchez. O acto será este mércores, a partir das oito da tarde.