O entroido de Fisterra repartirá máis de 4.300 euros en premios para as comparsas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Desfile de entroido de Fisterra, en imaxe de arquivo
Desfile de entroido de Fisterra, en imaxe de arquivo

Cinco días de intensa programación por diante: consulta aquí o programa completo!

26 ene 2026 . Actualizado a las 19:37 h.

O Concello de Fisterra vén de presentar a súa programación para o vindeiro entroido, con cinco días de actividades e con máis de 4.300 euros en premios para as mellores comparsas.

A programación comezará o venres 13 de febreiro cos desfiles escolares do CEIP Mar de Fóra, Escola Infantil A Galiña Azul e CEIP Areouta (10.30 horas), así como do colexio Nuestra Señora del Carmen (15.30 horas).

E para o sábado 14 está previsto un pasarrúas a cargo das charangas A Tripulasión e O Rumbo (12.00), así como unha actuación de Rapacollóns e o desfile de disfraces de grupos e comparsas, con posibilidade de acceder a premios en metálico e co acompañamento da Charanga Mecánica BCB (17.30). Ás 19.00, pregón na praza da Constitución, e ás 23.30, noite de entroido coa discoteca CDC, baixo unha carpa instalada no porto.

O domingo será o concurso de disfraces para nenos e adultos (17.00), así como un baile social que estará animado por Chema Élite (20.00, Mercado Municipal). E o luns, obradoiros infantís ao longo da tarde e para distintos tramos de idade.

O martes, o pavillón acollerá o tradicional concurso de comparsas, con premios de 1.700, 1.400 e 1.200 euros, así como axudas de 350 por participación. Será ás 18.00 e estará presentado por Mariola Martínez e Santi Caneta.