Unha viaxe sonora por melodías que «andaron polo mundo» no Concerto das Letras en Carballo
CARBALLO


























































O público acabou aplaudindo de pé o labor de once músicos agrupados na formación efémera Do Bertau
17 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Ferrados de música e poesía oral encheron este venres o templo do FIOT e da regueifa de Carballo no Concerto das Letras Galegas que promove o Consello da Cultura. O público acabou aplaudindo de pé o labor de once músicos agrupados na formación efémera Do Bertau, creada para ocasión e coordinada por Richi Casás, neto de Rosa e sobriño deAdolfina, dúas das homenaxeadas este ano pola Real Academia Galega.
Foi un recital para «celebrar a figura das cantareiras», como dixo Dolores Vilavedra na presentación. Unha viaxe sonora con melodías que «andaron polo mundo» e coas que cómpre ter o corazón aberto e pechar os ollos para saber o que as coplas non contan. Puidéronse oír dende pezas recollidas do cancioneiro popular por Dorothé Schubarth, comparsas, xotas e muiñeiras de Mens ata rebeiranas ou tras-tras de Gharghamala, pasando por cantos de canteiros de Faramontaos ou coplas de Santa Mariña. Emotivo foi o Nadal na Vila da Igrexa, de Rosa e Adolfina Casás, na voz de Tania Caamaño, con Fran Trashorras ao piano. En fin, un percorrido por músicas e textos cargados de séculos e transmitidos polas cantareiras, que tiveron en Carme e Uxía da Pontragha e Maca do Pinheiro cumpridas continuadoras.
O Concerto das Letras, que esgotou entradas, reuniu onte en Carballo ao presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a presidenta do Museo do Pobo Galego, Concepción Losada; deputados, alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e tamén un bo número de conelleiros.