O xornalista Javier Becerra pasará polo instituto de Baio coa súa obra «Isto é rock»
10 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Xoves 10 de abril e varias propostas para esta xornada, a meirande parte delas no ámbito educativo. Así, o instituto Maximino Romero de Lema de Baio continúa co seu Mes do Libro, e nel recibirá ao xornalista de La Voz Javier Becerra. Falará cos rapaces de primeiro da ESO do seu libro Isto é rock: 11.35 horas.
Teñen en marcha Semanas Culturais, doutro lado, os centros CPI de Laxe e IES Eduardo Pondal. No primeiro deles gozarán hoxe de visitas didácticas pola contorna —o Concello, a biblioteca, a lonxa...—, dunha merenda na praia con limpeza incluída e mesmo de baile tradicional galego. Finalmente, en Carballo, ás 20.00 horas e nas Escolas Agra de Caldas, levarase a cabo a presentación do libro A fraga dos teixos, do enxeñeiro técnico agrícola Xosé Salvadores Cobas. Organiza a asociación cultural Lumieira, colabora o Concello e acompañará ao autor Milagros Lantes Seara.