A Deputación apoia cun fondo a proxectos culturais-sociais

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Valentín González Formoso durante un pleno de la Deputación da Coruña
Valentín González Formoso durante un pleno de la Deputación da Coruña atr

O prazo de presentación de propostas abrirá o 21 deste mes

18 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación da Coruña vén de convocar a primeira edición do Fondo de proxectos singulares en lingua galega, de especial interese cultural e orientados á mellora social. O prazo de presentación de propostas, a través da plataforma de tramitación electrónica do ente provincial (SUBTEL), estará aberto entre o 21 deste mes e o 21 de marzo.

O novo certame premiará iniciativas de interese para campos coma a igualdade, o respecto á diversidade ou medioambiental, a memoria democrática, a sensibilización patrimonial e identidade local...

Ten unha dotación de 300.000 euros, repartidos en vinte premios, dende os 7.500 ata os 22.500 euros. Bases no BOP do 14 de febreiro.