Buserana ya tiene premiadas en su concurso de narrativa

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Son Paula Pérez y Erika Cives: la entrega de galardones se hará el 25 de noviembre, en Cee

23 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

La asociación feminista Buserana ha dado a conocer las premiadas de su primer certamen de microrrelatos. El club de lectura Bruar, encargado de elegir el texto ganador, pidió la creación de un accésit, dada la alta calidad. Han resultado premiadas Paula Pérez Trillo, de 18 años, por Silvestre, y Erika Cives Pena, de 16, por Ledicia dos ollos. La entrega será el día 25, a las 20.30 horas, durante la concentración en Cee. Aportan los premios las librerías Mestura, Ler y Fers, indica la entidad. Los dos textos ganadores: 

SILVESTRE

No cumio dun outeiro de eidos frescos, nacían ventureiras petunias moradas, que lustrosas brillaban coma o fai o mar arrolado polo sol. Agora, no cúmio dun outeiro de eidos baldíos, vense folgados entre a bruma da noite os piares do mundo; pedra rexa, apagada, na que o vento asubía unha melodía triste. As flores foran asoballadas e as súas raíces, dende a escuridade da terra, sostiñan o peso do mundo enteiro. Nese momento do día onde toda a beleza da natureza se mostra por un intre antes de desaparecer na noite pecha, o cúmio dun outeiro de eidos vivos arde en paixón e esperanza. En cada unha das fendas, grechas, buratos e lañas da rocha erma abríanse paso deslumbrantes petunias, milleiros delas. Daban fin á escuridade imposta e tomaban ceibes o seu lugar no mundo. Así, no cumio dun outeiro de eidos vizosos, reloce por sempre un inamovíbel manto púrpura.

 LEDICIA DOS OLLOS 

Lola tiña un sorriso envexable. Deses que reflicten a alma das persoas. Posuía unha gran enerxía... das que non desaparece, senón que se contaxia. Aos poucos, esa moza de Celanova foise apagando. Cada palabra, cada mirada de desprezo... Cando se quixo dar conta era invisible. Sempre desaliñada e o más discreta posible, sen máis, volveuse transparente. Rebentou. Lola colleu a mellor maquillaxe que tiña e a súa saia de cadros azuis preferida e volveu á fermosura que ela contiña. Cando súa nai a viu, díxolle ‘ten moito coidado Loliña’. Mais ela, coa súa mellor cara, saíu pola porta sen máis. Deron as dúas. Despois as tres. Logo as catro... e así ata as doce do medio día. E Lola seguía sen aparecer. Dúas semanas pasaron ata que se atoupou o corpo da moza no río. Atopárona espida, sen vida, sen alma. O único que quedaba de quen fóra era aquela saíña de cadros azuis.