Vivir valados


Hai unhas semanas, un compañeiro e eu encontrabámonos nun entorno natural privilexiado, como nota discordante simplemente había un muro de contención feito de formigón armado que separaba unha leira e outra. Pareceunos unha total aberración. Non obstante, Galicia é territorio de valados, pero non deses. Falo dos valados miúdos que delimitan territorios con pedriñas escollidas, de traballo artesanal e antigo que construíron nosos bisavós como legado. A situación galega por antonomasia, chea de minifundios favoreceu isto, así como as herdanzas entre moitos fillos que gorneceron as continuas e sistemáticas particións. Ao fin, nin a concentración parcelaria puido romper o mapa de valados, marcos e extremas, debuxadas ao longo do noso singular país. Creo que cómpre por este motivo botarlle un ollo á Guía de caracterización e integración paisaxística de valados, saída do prelo no ano 2017.

Na Costa da Morte hai cousas que aínda se rexen polos valores de sempre. Non hai perito nestas terras que non poña marcos ou que non mida as extensións en eitos e ferrados. Iso convérteos en absolutos coñecedores do espazo e do tempo, da nosa cultura antropolóxica e etnográfica. Nos documentos das herdanzas agóchase un sen fin de información que nos define nun contexto social e económico, por non falar da riqueza lingüística dos topónimos que nestes escritos se recollen.

Houbo un tempo, onde a terra era o mellor dote que darlle aos fillos. Significaba liberdade para poder traballar sen ter que acudir a señores nin ás mans mortas da Igrexa. Nos nosos días, ninguén quere terras, están absolutamente depreciadas polo cambio de modelo sociolóxico que nos asola. Por iso, os valados son o valor testemuñal dun tempo pasado.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Vivir valados