Serxio Domínguez (BNG): «O goberno nunca tivo en conta ao BNG, non houbo diálogo coa oposición»

La Voz

CARBALLO

CRISTIAN TRILLO

07 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Serxio Domínguez Louro (1975) é concelleiro do BNG dende o 2014. A súa valoración foi a seguinte: «Foi un ano onde se seguiu co que se viña facendo, con obras do anterior goberno. Foi un ano no que un executivo en minoría logrou gobernar como se tivese maioría absoluta virtual grazas o apoio do Partido Popular. Sacou dous orzamentos en dous meses (2019 e 2020) e o Partido Popular permitiulle ter ao PSOE tres soldos políticos».

Segundo o voceiro do BNG, «a pesar dese apoio do PP, o goberno nos últimos tempos non foi capaz de aguantar por unha falla de dialogo evidente. Non contou cos partidos da oposición para nada, sobre todo co BNG. A nós non nos chamou sobre os temas importantes que afectan aos veciños de Cee. Limitouse a convocar as comisións e os plenos correspondentes. A única chamada recibida foi para dicirnos que ía destinar a partida das festas da Xunqueira [para afrontar covid-19] e nós dixémoslles que si». E engadiu: «Claro que falta diálogo, un goberno ten que falar sempre coa oposición, tendo en conta, sobre todo, que neste caso, a oposición triplica ao goberno en número de votos e concelleiros», apuntou.