Empezamos ben o ano,
que xaneiro vén moi quente,
non polas temperaturas,
senón polo presidente.
Goberno moi progresista,
a ver se non o fan mal.
O que xa estou desexando
é a reforma laboral.
Ou iso é o que dixeron,
paréceme que o sentín.
Iremos analizando
se cumpren ben o que din.
Vouvos resumir o conto,
pero fágoo regueifando:
mentres metade aplaudía
outros taban rabeando.
Vendo ese panorama
cada un da súa maneira,
pensei en Blanco e Calviño:
parecía unha regueifa.
Houbo boas ocorrencias
que quitaron da cabeza,
pero gañou a esquerda,
para eles a boneca.
Non foi do agrado de todos.
Algún non lle viu a gracia,
pero isto é o que pasa
nun país de democracia.
Non me dan pena ningunha
os que tan alí sentados,
só o probe de Néstor Rego
que disque foi obrigado.
Falaron da monarquía,
que levou unha ovación,
pero creo os tres reis
repartíronlle carbón.
Non vos botedes ó monte,
as cousas pouco cambiaron,
nun día cos comunistas
aínda non nos expropiaron.
Pois pasaron cinco días
e xa lle rezan a un santo,
tade tranquilos veciños
que aínda hai cartos no banco.
Vamos a ver o que pasa
co goberno progresista,
espero ver máis cultura
ca que ten un culturista.
Comentarios