As contas de Ardabón

luis giadás

CARBALLO

09 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo día 11, ás seis, no local social de Xornes, o Instituto de Estudos Bergantiñáns presenta un caderniño sobre Xornes e Langueirón, as súas facianas xeográficas e históricas.

Pero non todo cabe nas case 60 páxinas deste traballo de investigación. Coma nos contratos, a letra miúda é a que queda relegada á nosa vista. Así, nestas parroquias, prolíficas en casas soaregas, anotemos as contas dun Libro Cobrador de los bienes de la Casa de Ardabón, de 1838 a 1848: «Pagan diez vecinos de Valencia (de Castro Boo, por exemplo), seis de Cereo (da Torre da Golúa, entre eles), cinco de Langueirón (Soutullo), tres de Corcuesto (sic), seis de Pazos (Rebordáns), uno de Cores, uno de Sísamo (este non paga ferrados de trigo, como nos outros casos: 34 libras de cera polo lugar de Raimel ou Ramil), uno de San Xusto (Resesinde ou Recesinde), uno de Cances (Liñeiro), uno de Tallo (por unhas terras en Rieiro, 49 ferrados de trigo, una libra de cera y dos cuartillos de manteca), uno de Oza (Esqueiro do Rodo), uno de Xornes (Ardabón, que es la Casa Principal, adonde se reciben todas las rentas, por ser la Casa Matriz del Mayorazgo), uno de Jurisdición de Mes (Mens: Joaquina River y Pardo era a dona daquel señorío), uno de Collantres, dos de Armentón (Rorís), siete de San Jorge de Afuera, Nelle (por exemplo, 100 de trigo, 18 de centeno, 21 de cebada y dos gallinas; en Bioño, sic, 46 de trigo); cinco de Coruña (entre ellos Juan Agar y Trillo. Dous ranchos ou cortellos na rúa San Andrés); tres de Santiago (o Seminario de Confesores de Santiago ou Palacio de Raxoi, 605 reales por réditos de un censo sobre el capital de 22.000 reales, según escritura de 13 de mayo de 1768); uno de Capilla; Freire (por la Capilla de San Jorge de Iñás), Pan (a la Capilla de la Concepción de San Julián de Celas), Manuel García (cura de Soñeiro, capilla de San Jorge de Iñás)».

Resultan curiosas algunhas condicións das rendas: «Paga a Miguel Sánchez Taibo por la Casa Principal y Lugar de Corcuesto (sic) 71 y 34 ferrados, cuyo foro tiene la obligación de conservar un cuarto en la misma Casa para cuando quiera ir la familia y, además, la de pagar en Santiago, Betanzos o Coruña». Ardabón: sonoro nome para unha casa podente, agochada na Devesa Escura, farturenta de castañas de pau.