Ronsel de Ideas é a empresa creadora do xogo
30 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.A empresa Ronsel de Ideas, creadora do xogo, naceu en Santiago de Compostela en 2010 e tamén colabora con Sogama no Caderno Verde e nas historias da Familia Trebón.
-¿Como se xoga este partido polo planeta?
-O taboleiro é un cadrado de 120 centímetros de lado, fabricado con cartón reciclado, e simula un campo de fútbol, para captar a atención dos cativos. Para gañar, hai que mover unha ficha en forma de balón ata a portería contraria. Hai que percorrer un camiño de quince casiñas que corresponden a temas relacionados coa xestión dos residuos.
-¿Onde se pode xogar con el?
-O formato creouse para poder disfrutar del en múltiples espazos. Ten unha estrutura desmontable para utilizar nas escolas ou ben colocalo en calquera outro soporte.
-Ademais deste partido, sodes os creadores da Familia Trebón.
-É un proxecto xa consolidado, que está funcionando ben para tratar temas específicos sobre o medio ambiente nas aulas dos colexios. Son contos narrados con soporte visual que fan máis doada a aprendizaxe. Estamos moi contentos coa súa acollida.