O mellor regalo

La Voz

CARBALLO

15 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Era a semana anterior ao Nadal, os pais de Ana estaban fóra do seu fogar porque tiñan que traballar.

Ana quería que os seus pais viñeran pasar o Nadal con ela.

Como todos os anos fixera unha carta para Papá Noel onde pedía un montón de xoguetes coma sempre, pois ela sabía que fora moi boa e que Papá Noel lle traería todo o que pedira, coma todos os anos.

Unha noite antes de Nadal chegou unha persoa á porta da casa da súa avoa, Ana abriu a porta e a persoa preguntoulle pola avoa.

Eles tiveran un accidente e estaban un pouco mal. A rapaza escoitara todo dende detrás dunha porta.

De súpeto, Ana saíu correndo pola porta para atrapar ao carteiro que levaba a carta para Papá Noel. Quería borrar todo o que pedira e cambialo por unha cousa soa: que seus pais volveran a casa para Nadal.

Chegou o día de Nadal, Ana só miraba pola fiestra... De repente viu un coche ao lonxe, eran seus pais e estaban ben. Con eles viña un home con barba branca e roupa vermella.

É Papá Noel! Trae un enorme saco con el, empeza a sacar xoguetes. Son todos para Ana, pero ela só quere estar cos seus pais e dille a Papá Noel que lles dea eses regalos aos nenos que non os teñen pois ela xa ten o mellor agasallo do mundo: aos seus pais con ela na casa en Nadal.

Mención Especial Elena Pose Núñez (CEIP As Revoltas)