«O polígono será un referente»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Sanidade e educación serán as áreas prioritarias para o candidato

15 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

José Manuel lópez varela ALcalde e cabeza de lista do pP de A laracha

Diplomado en maxisterio e 49 anos de idade, José Manuel López Varela aspira nestas eleccións a revalidar a maioría absoluta en A Laracha, onde goberna con folgura dende 1999.

-Nos comicios do 2007 obtivo o respaldo do 62% dos laracheses que foron a votar. Realmente, ¿necesita facer campaña?

-Eu nunca dou por gañado nin por perdido nada de antemán. Agora teño que facer balance do feito neses últimos catro anos e explicarlle aos veciños, sexan da ideoloxía que sexan, o proxecto de futuro do PP para A Laracha. Coa mesma ilusión e compromiso de sempre.

-Pois fágame un breve resumo do feito polo seu goberno.

-Melloramos o saneamento nas parroquias, impulsamos os servizos públicos e avanzamos en materia sanitaria e educativa. E todo iso nun contexto de crise económica, cunha caída importante dos ingresos municipais.

-Precisamente en educación e sanidade é por onde lle ataca a oposición.

-Estas dúas materias serán o noso eixe de traballo para o vindeiro mandato, xunto coa creación de emprego e a potenciación de actividades culturais. Con respecto á educación, o conselleiro Jesús Vázquez comprometeuse a construír un noivo edificio, con nove aulas, no Otero Pedrayo, e confío na súa palabra. Con respecto á sanidade, nestes catro anos creouse o punto de atención continuada, como unha forma de garantir aos veciños cobertura sanitaria as 24 horas. Ademais, ampliáronse as instalacións do centro de saúde de A Laracha e de Caión, á espera de que se faga o novo recinto...

-...Que continúa á espera.

-É certo, pero o Concello fixo o traballo que lle correspondía. Foi a Xunta do bipartito a que incumpriu os compromisos. Quero recordar que o goberno municipal puxo os terreos a disposición da Administración autonómica e había un acordo para dotar unha partida de 465.000 euros para a construción do centro de saúde de Caión que quedaron no limbo. Agora podo dicirlle que o recinto estará listo no próximo mandato.

-¿De que obra se sinte máis orgulloso das feitas neste mandato?

-Do polígono industrial. Será un referente na comarca á hora de crear emprego e xerar riqueza. Diso estou convencido.

En contra, en función dos supostos

En contra

A favor

Unións civís si, matrimonio, non

Non entendo como unha nena de 16 anos pode abortar sen permiso dos pais

A favor, pero mellorando a seguridade

En contra

En contra

A favor, é unha resolución da ONU

Con contrato, igual que os galegos

Caldeirada de peixe

Por exemplo, os insectos e outros bichos similares

Ribera del Duero

Un bo viño ou refresco

Os percebes de Caión

O mero

Un Peugeot 3008

Si

Caión, Paiosaco, A Laracha e Dépor

A pesca de río e a lectura

Miguel Delibes

El sari rojo

La vida es bella

Miguel Ángel y Velázquez

Clint Eastwood

Catherine Zeta Jones

Manolo García

Pop nacional de los años 80

Informativos e documentais

Estiven nas cataratas do Iguazú e encantaríame facer unha viaxe ao Canadá