A comarca vístese de entroido

La Voz

CARBALLO

31 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A vindeira fin de semana é a fin de semana do entroido. Os concellos da Costa da Morte celebrarán a maioría dos actos entre o sábado e o domingo, pero hai outros, como Carballo e Malpica, que elixiron o día de mañá para arrincar as súas festas.

No caso de Carballo , ás 18.00 horas, na ludoteca, comezarán os obradoiros para nenos e ás 20.00 horas a charanga Os Cempés iniciará o seu percorrido polas rúas do municipio. O acto principal será ás 22.00 horas, coa actuación, na intersección das rúas Coruña e Hórreo, da compañía Troula Animación.

O sábado será o día do concurso de prostres (18.00 horas, praza do Concello) e domingo (mesma hora e mesmo lugar) celébrase o tradicional concurso de disfraces, comparsas e carrozas, que estará presentado por Rober Bodegas. O baile o amenizará a orquestra Trobadores.

En Malpica mañá, desde as cinco da tarde, haberá un concurso de disfraces por os locais de hostalería da vila e o domingo en Barizo celebrarán o Xogo das Vacas (16.30 horas), mentres que na capital municipal, desde as 17.00 horas, haberá unha festa por todo o alto, co certames de comparsas, disfraces e piñatas incluídos.

O concurso de Corcubión será o sábado, a partir de las 16.00 horas, na praza Castelao, punto de partida da comitiva de entroido. Ao longo da tarde haberá unha degustación de orellas e chocolate.

O concurso de Muxía será o domingo (18.00 horas, Cabo da Vila), e tamén o de Ponteceso (17.15 horas, praza do Recheo), o de Dumbría (17.00 horas, praza do Concello) e o de Laxe (18.30 horas, praza dos Voluntarios).

Tamén o domingo haberá concurso en Fisterra (17.30 horas, praza da Constitución), aínda que neste caso é o infantil. Os participantes tamén poderán gozar dunha festa chea de xogos, títeres e talleres.

Para os cativos tamén haberá unha festa no auditorio de Zas , que neste caso estará organizada pola APA do colexio da localidade, e no polideportivo de A Ponte do Porto (16.30 horas). En Camariñas, o sábado, será a festa en Xaviña (16.30), onde os membros de Abrindo Rejo sortearán un porquiño.

O sábado tamén será a festa para os nenos de Cee (de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas, na praza da Constitución), e en Vimianzo (17.00 horas, polideportivo municipal), onde actuarán os magos Marttyn e Dani García. Nesta última localidade, o domingo será o día do baile social (19.00 horas, centro social) para os maiores, que amenizará Carlos Manteiga e os mellores e máis orixinais disfraces terán premio.

A festa para os maiores de Cerceda será o sábado (17.00 horas, Museo do Moucho), onde se poderán degustar orellas e filloas. O mesmo día tamén teñen organizado un baile para os maiores de Coristanco (18.30 horas, edificio de Usos Múltiples), para os que tamén haberá os doces típicos destas datas e cada media hora sortearanse diferentes regalos.

O baile da Piñata de A Laracha será o domingo (18.00 horas, polideportivo do Agra de Leborís) e estará amenizado polo Grupo Naranja. Ademais, os organizadores repartirán larpeiradas entre todos os asistentes.

No caso de Cabana , o entroido arrincará o sábado cunha xornada dedicada aos muíños. Ás 15.30 comezará un roteiro guiado pola senda do Rego dos Muíños e as 18.30, na casa da cultura de Canduas, haberá unha proxección. Medio hora máis tarde, a asociación Filloas da Pedra de A Baña ofrecerá unha degustación de filloas. O domingo, desde as 18.00 horas, celebrarase no auditorio o festival de música dos alumnos da Escola Municipal José María Álvarez Cano.