?antos anos adicado profesionalmente a política non lle fan dubidar do que lle gustaría ser se non fose alcalde de Dumbría. A súa profesión escolleuna porque quixo e segue a desfrutar dela. -Se non fose político traballaría na miña profesión (é arquitecto técnico). Sigo exercendo algo, moi pouco, pero algo fago. Hai xente que traballa para vivir e otros que viven para traballar. Eu son dos últimos. E a arquitectura encántame, téñoo clarísimo. -¿Quédalle algún tempo libre? -Moi pouco. As veces quédome só e pecho os ollos cinco minutos, en silencio, e noto unha especie de descompresión na cabeza, como supoño que deben sentir os buzos. -E cando pode, ¿a que aficcións tira? -A lectura. Teño que ler. Teño que ter sempre un libro cerca. Non é que teña moito tempo. As veces teño sete empezados, pero teño que ter un cerca. -¿Algún especialmente? -Os clásicos. A historia. Mesopotamia. Exipto, a historia da Arte, o Romanticismo. Goethe, encántame como escribe. -E que tal andamos de viaxes. ¿Gústalle moverse? -Gústame moito. Só teño a preocupación de non chegar a tempo para poder viaxar, de non estar xa ben físicamente para disfrutar. -¿Ten algún destino na cabeza? -Exipto, téñoo clarísimo. Teño moitas gañas de ir, pero todas as civilizacións distintas encántanme, as distintas culturas teñen moito que ensinar. -E entre viaxe e viaxe, ¿que lugar lle parece unha referencia para poñer como meta do desenvolvemento do seu pobo? -Sempre tiven unha: nos anos 80 fun a Suiza, e dentro das lóxicas distancias sociais e xeográficas, sempre dixen que quería pobos ordenados como os de Suíza. E coido que o estamos conseguindo. O que se fixo en Buxantes, no entorno da igrexa, os xardíns, o paseo, o mirador. Ese é o futuro. E en España tamén hai sitios que me gustan dende sempre, como Santillana del Mar, exemplo de desenvolvemento dunha vila pequena e rural.