Exposición sobre arte

La Voz

CARBALLO

O Centro de Interpretación de Rutas Monte Pindo, en O Ézaro, foi o lugar elixido pola Deputación de A Coruña para dar a coñecer unha selección das obras presentadas á primeira edición do premio internacional de arte gráfico Jesús Núñez. Trinta creacións de artistas de tres continentes forman esta exposición que comezou o venres pasado en Dumbría un periplo que a levará por outros dez municipios da provincia.