Solidariedade con Bolivia

La Voz

CARBALLO

DUMBRÍA | 14.00 HORAS

11 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A oenegué de desenvolvemento InteRed organizou para hoxe na praza da Igrexa de Dumbría unha xornada de solidariedade na que se dará a coñecer o proxecto de posta en marcha dunha emisora de radio educativa en Cochabamba (Bolivia). Cada participante deberá levar comida para compartir nun xantar colectivo e xa pola tarde haberá xogos, un documental sobre o proxecto e un coloquio.