A Independentes por Cee quedoulle o sambenito de ser un partido de pactos, un eterno segundo coa chave para que PSOE ou PP puidesen chegaran á alcaldía. Nesta ocasión os tiros van por outro lado. -Se non hai maiorías absolutas, ¿repetiranse anteriores pactos? -Nós aspiramos a acadar unha maioría. De non chegar a ela, o que temos claro é que non queremos ser un partido bisagra. O noso primeiro acto será asinar ante notario que o noso voto será para nós mesmos. Non pactaremos nin co PSOE nin co PP. É impensable que I por Cee volva a darlles a alcaldía. -¿Que balance fai dos últimos catro anos? -Estamos a falar do peor goberno da historia democrática de Cee. Non houbo ningunha iniciativa nova. Concluíronse a piscina e o paseo marítimo, proxectos antigos xestionadas por Independentes por Cee e polo PSOE. En Cee estivemos catro anos sen solventar os problemas da xente, con todo estropeado, coas rúas impresentables e as parroquias sen atender. Só se traballa desde fai un mes. O último foi un goberno máis preocupado de si mesmo que do pobo. -¿Que ofrece IxCee á cidadanía? -Temos a idea de facer proxectos de futuro. Temos moita ilusión posta no casco vello. Hai que darlle vida e poñelo a funcionar. -¿Que cree que demandan os ceenses? -O que ande pola rúa sabe que o que máis preocupa é o urbanismo e o emprego. Sobre o primeiro decide moito o Concello. Hai que recuperar e homoxeneizar Cee. Ademais do casco vello, temos que reformar e mellorar a praza do Mercado, convertela nunha alameda. -¿E no eido da promoción do emprego? -Un Concello pode facer menos directamente, pero si é posible xestionar para a creación de infraestruturas que permitan atraer empresas. Habilitar solo industrial, ampliar o peirao, mellorar a rede viaria, e promover o comercio autónomo con exencións de impostos municipais. Temos que recuperar o vínculo coa cidadanía e solventarlle os problemas á xente.