16 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
? Outono das Letras terá o seu lugar nas aulas do colexio As Revoltas. A actividade principal titúlase Manuel María na Memoria. Inés Cuadrado dramatizará para os rapaces obras do insigne poeta. Será o día 7 de outubre. Haberá tamén unhas xornadas sobre Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, pero aínda non teñen data, así como Contos para igualdade e unha presentación e representación teatral sobre a obra completa de Xenaro Marinhas del Valle. Outro apartado constitúeno as Xornadas de sostenibilidade, un proxecto de educación ambiental para alumnos de primaria con conferencias, visitas guiadas e concursos.