Conquistas

ELISA ÁLVAREZ CASAIS

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

07 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

LOADO SEXA Deus! Unha muller de 65 anos da a luz o seu cuarto fillo polo seu pé sen recorrer aos adiantos da mediciña. Ten o seu mérito. Tamén o tivo miña avoa que tivo fillos. Daquela, a muller nacía para casar e ter descendencia e abofe que o facían ben. Levaban a casa, criaban os fillos e sobraballe tempo para cociñar, lavar, remendar e aforrar. ¿Tempo libre? Ningún. Hoxe, con tantos avancese comodidades, na sociedade do benestar que elas e os nosos pais con moitos traballos nos procuraron, faise raro ver familias con máis de de tres fillos, ¡A ver quen cría hoxe! Isto vai a menos. En Galicia, a natalidade cae en picado, a pirámide demografíca non se move, nin se morre, nin se nace. A verdade é que na actualidade, as prioridades da muller mudaron e o traballo fóra, que na casa sempre o hai -non nos enganemos-, retrasa o momento de ter fillos. Estamos tan satisfeitas das nosas conquistas, da igualdade, sentimonos tan realizadas logros que nos durmimos nos loureiros pensado que nesta vida nada hai máis importante cao traballo, o éxito, as viaxes a países exóticos, a pantalla extraplana, os móbiles de última xeración e tantas vanalidades ás que a sociedade nos empuxa para que sexamos felices. De nada nos vale todo o que teñamos se non temos con quen o disfrutalo.