Vai de cine

ELISA ÁLVAREZ CASAIS

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

21 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

NON TEÑO por costume ver películas nin ler libros que me recomendan, porque as expectativas sempre superan á realidade, e logo ni tan sequera me chegan a gustar. Claro que sempre hai excepcións e este foi o caso da película que tantos premios está a recibir e que tantos e tan encontrados sentementos espertou. Cadaquén fixo unha lectura peculiar da historia, e a min, entre outras cousas, véñenme á memoria a chea de veces que recibimos a través do cine o xeito de vida e a cultura dos USA, dende os colonos máis enxebres da América máis profunda ata o xeito de vida máis cosmopolita dun brocker neoiorquino. Para min, a parte da xenial interpretación do protagonista, da ternura e os intres no que semellaba que a pantalla exhalaba a humidade e o cheiro a fume da casa da aldea, esta película pareceume un bo vehículo para amosar na vella Europa, e dunha forma natural, os costumes dun país, o seu xeito de vida máis enxebre, a súa paisaxe agreste, as fortes crenzas, o sentido da familia, os valores e as raigames máis profundas das súas xentes. Todos estes e algúns contidos máis que se me escapan, paseando pola alfombra bermella dos Anxeles. ¡Quen nos iba a dicir que a cousa chegaría tan lonxe!