Os gusiluces salvan o Nadal

DIEGO OTERO

CARBALLO

CONTOS DE NADAL | O |

21 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

ERA UNHA vez un pobo moi pequeno. Había unha pequena familia que esperaba a Papá Noel e, intranquilos, querían abrir os regalos de primeiros. Mentras, no Polo Norte, Papá Noel cargaba os regalos, pero, de súpeto, abre as portas Ana, unha bruxa moi mala. -Bos días, Papá Noel. -Para min non son. ¡Fiu, fiu! A bruxa lanzou un conxuro e mandou a Papá Noel ao río dos gusiluces. Mentras, no pobo dos gusiluces, a pequena familia Piki non ve a Papá Noel, e ocorréuselles ir dar un paseo polo monte. De repente, ven a Papá Noel no río, dentro dun cárcere de xeo. O pequeno Piki, un gusiluz moi valente, subiu ao cárcere de xeo. De súpeto chegou a bruxa. -¿Que fas aí? -Ceibar a Papá Noel. E a bruxa lanzou un raio e partiu un barrote. -¡Maldición! ¡Fallei! -berraba a bruxa. Volveu a lanzar, pero esta vez moi forte, e tamén fallou, e Papá Noel puido escapar da bruxa. Papá Noel lanzoulle un barrote á bruxa e matouna. -¡Gracias, gusiluces! ¡Salvastes o Nadal! Papá Noel foi tomar á vila unha sopa quente e aproveitou para darlles os regalos aos gusiluces. Despois marchou, que tiña que ir repartir os regalos por todo o mundo. E esta é a historia dos gusiluces que salvan o Nadal. .