O vagabundo

NOELIA BASTÓN PÉREZ

CARBALLO

CONTOS DE NADAL | O |

18 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

NUNHA ALDEA chamada Camposa vivía un señor moi maior que se puxera mal da cabeza cando tiña vinte anos e desde ese día dedicábase a andar de vagabundo por toda a aldea. Cando tiña frío, a xente dáballe roupa; cando tiña fame, dábanlle de comer. Todos lle querían, menos uns nenos malos que cando o oían, tirábanlle pedras e chamábanlle nomes feos. Eses nenos malos chamábanse Pedro e Pablo, que eran fillos dunha señora que os educou así, porque ela tamén era moi orgullosa. Un día Pedro e Pablo foran coas ovellas para o monte, puxéranse a xogar e cando se deron conta xa se fixera de noite. Como non sabían ir para a casa porque todo estaba moi escuro, puxéronse ao abrigo dunhas rochas. A nai dos rapaces estaba moi intranquila e avisou á toda a aldea para que lle axudaran, pero ninguén quiso axudarlle por ser ela tan mala. O que a nai non imaxinaba era que o vagabundo fora cara ao monte e encontrou aos rapaces e trouxos para a casa. Desde ese día, os rapaces xa se portaron ben con todo o pobo, en especial co vagabundo, e os rapaces non paraban de darlle as gracias. Cando estaba chegando o Nadal, empezou a nevar e o pobre vagabundo tiña frío. A nai de Pedro e de Pablo foino buscar e levouno para a súa casa. O día 24 pola noite, o vagabundo desaparecera e ninguén sabía onde estaba. Cando deron as doce da noite, os nenos da aldea estaban esperando polos regalos de Papá Noel e todos tiveron regalos. Pero o que ninguén sabía na aldea era que o vagabundo realmente era Papá Noel.? Noelia Bastón quedou cuarta no concurso Contos de Nadal.?