Entrevista | Concha Blanco A escritora ceense acaba de publicar a súa última novela, «Sara», na que repasa a pegada da emigración desde as lembranzas dunha muller de Lires
09 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.O último libro de Concha Blanco é unha novela, Sara , publicada por Casals e dirixida ao público adolescente. Pero a súa autora, a escritora ceense Concha Blanco, xa anuncia que as páxinas están dedicadas tamén, e sobre todo, aos adultos. - ¿Como é a historia que se conta en Sara? -É unha historia ambientada en Lires (Cee), na que unha rapaza vive a experiencia da emigración do seu pai, pero tamén relata como esa mesma rapaza, desde a óptica de adulto, ten aínda secuelas negativas daquela época. -¿Trátase dunha reflexión sobre a emigración? -O libro fai reflexionar sobre unha práctica que estivo moi arraigada e aínda está, coa diferencia de que antes emigrar era como despedirse para sempre. Pero na obra tamén se comparan dous mundos, o de agora e o de hai cincuenta anos. Se conta como eran os xogos, a escola, a matanza do porco, a vida na aldea. Fálase do que significaba a chegada do carteiro unha vez á semana e sen querer o lector compara. -E con que mundo se queda Concha Blanco. -É todo moi distinto. Antes valorábanse moito máis cousas moito máis pequenas, calquera cousa era un acontecemento, o carpintero viña a casa a facer os mobles e quedábase un mes ata que remataba. E iso xa non é así. -¿Que proxectos ten na axenda Concha Blanco? -O último que fixen foi un conto que me pediu Cultura. Ademais, estou traballando na segunda parte de Boris . Ademais, a editorial Everest vai publicar Tita , e Santillana ten previsto sacar o meu libro A bruxa da sorte dentro de pouco.