RADIOGRAFÍAS | O |
30 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.HAI POUCOS anos a orientación sexual das persoas podía abondar para estar uns días no calabozo ou para sufrir un despido laboral. A día de hoxe aínda hai lugares do planeta nos que a homosexualidade segue a ser delicto, penado con anos de cadea ou coa mesmísima execución do acusado. Afortunadamente, aquí, pese á forte homofobia que subsiste, avanzouse claramente nos dereitos deste colectivo. Recordo a primeira vez que vin como se bicaba a unha parella de homes. Eu estaba de farra cuns compañeiros na zona de vella de Compostela e ficamos atónitos, logo comprobamos que alí eran case todas parellas do mesmo sexo. Acabamos as consumicións estrañados. Ao saír vimos un cartel que anunciaba unha festa gai, nese mesmo local e a esa mesma hora. Co tempo tiven amigos polos que souben a enorme inxustiza que cometiamos con eles toda sociedade en xeral. Agora parece que todos os partidos van apoiar os matrimonios entre persoas do mesmo sexo. O recoñecemento dos dereitos das persoas é unha noticia feliz non só para un colectivo, débeo ser para todos nós. Incluso, se me permiten a broma, como di un amigo meu, «esto aínda é bo para os dos restaurantes que así fan máis banquetes».