A importancia da reciclaxe

| ANTIA RODRIGUEZ CALDEIRO |

CARBALLO

A BOCA PEQUENA

05 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

SE UN DÍA abrimos unha bolsa de lixo, como calquera das que se tiran nas beirarrúas das nosas cidades ou pobos, atoparíamonos con moitos refugallos de distinto tipo: plásticos, latas, papel, vidro, pilas ou roupa. Agora vouvos falar un pouco sobre esas cousas. O lixo, ou sexa, en xeral tódalas cousas sobre as que vos falei antes, contaminan o medio ambiente. Por iso é moi necesario separar os desperdicios correctamente. Cada cousa ten o seu sitio: o vidro bótase no contenedor verde claro que ten forma de iglú; o papel e o cartón deben introducirse nun contenedor azul que ten forma de forma de cadrado; as pilas bótanse nun contenedor pequeno branco con tapa azul. Os plásticos, bricks e latas deben ir ó contenedor amarelo. A roupa que deixamos de usar bótase nun contenedor gris rectangular. Pero para que sexa maís doado suxírovos que antes de mercar calquera cousa pensa se realmente a precisas. Trata de mercar productos en envases que se poidan reciclar ou, mellor aínda, que sexan retornables. É mellor que amañes as cousas en vez de tiralas. Si tes imaxinación podes facer moitas cousas, como xoguetes, títeres e algún utensilio que pode ter un novo uso. Deste xeito colaborarás co medio ambiente porque non sei se sabes que unha tonelada de papel reciclado evita a tala de trece árbores. Ademais se se recuperan cen kilos de desfeitos de vidro pódense aforrar trece litros de petróleo. Tamén deberías ter en conta que preto de medio billón das antigas pesetas emprégase na producción de envases e embalaxes en España. Como ves, a reciclaxe ten moita importancia porque permite aforrar enerxía, recursos económicos e sobre todo non danas o entorno.