TERRA E XENTE | O |
10 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.NESTE ANO Santo hai unha particularidade que quero suliñar. Van facer unha reforma no tradicional himno ó Apóstolo, composto para o Ano Santo de 1920. Disque lle van poñer unha nova letra, conservando a música. Paréceme que é unha mellor necesaria. Na letra do himno dise: «Las armas victoriosas del cristiano venimos a templar». Parece moi bélica esa idea. Ademais, todo o himno está referido a España como nación a protexer. Pois ben, dado o universalismo da peregrinación xacobea, esa referencia é seductora. Toda Europa, o mundo enteiro, peregrina a Compostela. O primeiro dos himnos xacobeos está no Códice Calixtino e ten unha universilade admirable no seu texto latino. Falemos agora da música. Foi o gran mestre Soler o autor. Finaría polos anos 1954-55. Era mestre de capela na catedral, autor dun método de solfeo e profesor de música. No himno hai unha repetición que esixe un tratamento musical que o pobo non entende nin acepta. Así, sempre houbo unha manifesta discordancia cando o pobo canta esa repetición que ten a mesma letra, pero música diferente. Xa dicía o meu profesor que todo quedaría arranxado quitando esa repetición, pois o pobo sempre canta a segunda volta, que é a máis doada. ¿Ventaxas do himno? Moitas. Por exemplo, que é moi axeitado ó camiñar dos peregrinos, que vai moi ben co voo do botafumeiro, que ten duración suficiente para encher unha mostra ou carreira do botafumeiro. Tivémo-la honra de coñecer ó mestre Soler. Alédamos pensar que o seu himno vai seguir. A cuestión xurídica sobre a licitude do arranxo da obra musical supoño que virá resolta polo feito de que o himno pertence á catedral. Para quen tiñan que compoñer, periodicamente, os mestres de capela.